Benvid@

A preocupación pola saúde mental gaña cada día máis adeptos grazas a unha maior concienciación social. Isto está a permitir erradicar o estigma que por tanto tempo acompañou a este tipo de problemas de saúde. O acceso a maiores e mellores fontes de información, así como a profesionais cada vez máis cualificados e sensibilizados, facilita que os desacougos de saúde mental se traten con naturalidade.

A boa saúde mental permítenos gozar da vida máis plenamente (mesmo ante os retos), desenvolver as nosas habilidades e potencialidades, establecer relacións satisfactorias, rendir mellor nas nosas actividades diarias e manter unha actitude máis positiva e optimista.

A través dos meus servizos traballaremos xuntos para axudarche a promover o teu benestar, a túa resiliencia e o teu equilibrio emocional —entre outros beneficios psicolóxicos e terapéuticos— e que así poidas ter unha vida máis plena e produtiva.

Servizos

Nenos e adolescentes

A boa saúde mental durante a infancia e a adolescencia senta as bases para un desenvolvemento emocional e social adecuados. Os nenos e adolescentes con boa saúde mental séntense ben consigo mesmos e teñen unha boa autoestima. Ademais, son capaces de afrontar os retos cotiáns, tenden a ter mellores relacións familiares e sociais e teñen un mellor rendemento académico, sentando unhas bases sólidas para a idade adulta.

Como podo axudarche?
✓ Problemas de comportamento
✓ Ansiedade
✓ Dificultades para durmir
✓ Rendemento escolar
✓ Cambios de humor, etc.

Adultos

A saúde mental inflúe en todos os aspectos da vida, desde as relacións emocionais e o rendemento laboral ata a saúde física. Manter unha boa saúde mental permítenos controlar o estrés, tomar decisións acertadas e afrontar os retos da vida, entre outras cousas. Ademais, tamén favorece a resiliencia, a estabilidade emocional e o benestar xeral, elementos indispensables para gozar dunha vida plena e equilibrada.

Como podo axudarche?
✓ Depresión
✓ Ansiedade
✓ Dificultades para durmir
✓ Condutas alimentarias
✓ Outros malestares psicolóxicos, etc.

Terapia de parella

A saúde mental ten un papel innegable á hora de abordar os problemas de relación, xa que nos comunicamos de forma máis eficaz, xestionamos os conflitos con empatía e entendemos mellor as necesidades da outra persoa. Unha base sólida de saúde mental fomenta a confianza, a conexión emocional e a resiliencia, o que nos leva finalmente a ter relacións máis saudables, satisfactorias e satisfactorias.

Como podo axudarche?
✓ Mellora da comunicación
✓ Resolución de conflitos
✓ Benestar individual e de parella
✓ Relacións respectuosas e equilibradas
✓ Prevención de grandes problemas, etc.

Familias

A saúde mental é esencial para as familias, xa que axuda a crear un ambiente seguro de apoio e coidado para os seus membros. Cando os integrantes da familia priorizan o seu benestar mental, son capaces de comunicarse de forma máis aberta, de xestionar o estrés e de resolver os conflitos de forma eficaz.

Como podo axudarche?
✓ Fortalecemento de lazos afectivos
✓ Comunicación e comprensión
✓ Resolución de problemas
✓ Crecemento individual e familiar
✓ Prevención de conflitos e disfuncións familiares, etc.

Procesos de perda e dó

A saúde mental é fundamental nos procesos de dor e perda por morte, separación, divorcio, etc., xa que nos axuda a procesar as emocións e a afrontar a dor. Priorizar o benestar mental pode darnos a forza para afrontar este tipo de situacións e darlle sentido a esta etapa, favorecendo a curación e a resiliencia.

Como podo axudarche?
✓ Emocións intensas (tristeza, rabia, culpa, etc.)
✓ Ansiedade e depresión
✓ Protocolo para coidadores formais e informais, etc.

Habilidades sociais

A boa saúde mental favorece a confianza, a empatía e a comunicación eficaz, o que contribúe a establecer relacións sociais positivas. Tamén nos axuda a funcionar en situacións sociais, a xestionar as emocións e a establecer conexións cos demais, algo esencial para o éxito persoal e profesional.

Como podo axudarche?
✓ Autoestima e asertividade
✓ Habilidades comunicativas
✓ Escoita activa
✓ Paralinguaxe, etc.

Tarifas

Videoconferencia

70 €

✓ Sesión 60 minutos

✓ Modalidade de terapia indicada para os que viven en zonas remotas, teñen problemas de mobilidade ou non queren desprazarse para recibir atención psicolóxica.

✓ Este servizo tamén permite un maior aforro de tempo ao evitar situacións relacionadas coa busca de aparcamento, os atoamentos e outros imprevistos.

✓ Formas de pagamento: Bizum, transferencia

Centro colaborador

80 €

✓ Sesión: 60 minutos

✓ As sesións presenciais permiten unha comunicación directa e máis completa entre a persoa e o terapeuta, o que facilita a relación terapéutica nun espazo sanitario sen distraccións.

✓ Psicoestudio (Gran Vía, 84, 1.º D – VIGO)
✓ Fisioterapia Activa Cangas (Av. de Galicia, 10, bajo – CANGAS)

✓ Prégase puntualidade

✓ Formas de pagamento: Efectivo, tarxeta, Bizum

Domicilio

100 €

✓ Sesión: 60 minutos

✓ A atención psicolóxica no fogar ten a vantaxe de que a persoa está nun ambiente familiar e cómodo, o que reduce a ansiedade e fai que se sinta máis aberto durante a interacción co terapeuta. Esta modalidade pode ser especialmente beneficiosa cando se teñen problemas de mobilidade, transporte ou saúde que dificulten saír da casa.

✓ Visitas a domicilio en Vigo. Posibilidade de desprazarse a outras localidades previa consulta.

✓ Formas de pagamento: Efectivo, Bizum

Acerca de min

  • Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (Universidade de Santiago de Compostela): Prácticum I e Prácticum II realizados en Psicoestudio (700 horas)
  • Máster en Formación do Profesorado: Orientación Educativa (Universidade de Vigo): Prácticum realizado no IES Santa Irene, Vigo (200 horas)
  • Grao en Psicoloxía (Universitat Oberta de Catalunya): Prácticum I e Prácticum II realizados en Rocky Mountain Psychological Services, Calgary, Canadá (200 horas)
  • Formación adicional:
    • Formación en Terapia Familiar Sistémica :: Nivel Avanzado 1 :: Psicoestudio/Karma – CAMBIO
    • Curso «Psicoterapia en trauma relacional» (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia)
    • Curso «Xestión de pacientes difíciles: Refinamento do tratamento dos trastornos da personalidade» (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia)
    • Formación en Terapia Familiar Sistémica :: Nivel Iniciación :: Psicoestudio/Karma – CAMBIO
    • Curso «A ética psicolóxica de emerxencias: A dúbida que suma» (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia)
    • Curso «Terapia familiar sistémica para la intervención psicológica a domicilio» (Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid)
    • Curso “A comunicación de malas noticias en emerxencias” (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia)
    • Curso “Introducción a la Psicoterapia Psicodinámica” (Universidad Nacional de Educación a Distancia)
    • Curso “Manexo de situacións conflitivas, persoas violentas, presión social e chamadas difíciles” (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia)
    • Curso “Mediación intercultural” (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia)
    • Curso “Saúde e xénero – Edición de 2022” (Universidade de Santiago de Compostela)
    • III Jornadas de divulgación sobre TCA y obesidad – Edición de 2022 (Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid)
    • Curso “Primeros Auxilios Psicológicos” (Universitat Autònoma de Barcelona)
  • Idiomas:
    • Inglés: IELTS C1
    • Galego: CELGA 4

Juan José Piñeiro Santos

Horario

Contacto

Aviso legal :: Política de privacidade